sábado, 7 de abril de 2012

comida española

A butifarra e o jamón ibérico atopan o seu sitio entre as rúas de Washington. O cocinero español, José Andrés, estreou hoxe o seu primeiro Food Truck (en español camión de comida) na capital federal de Estados Unidos, ao que bautizou PEPE.

PEPE é un negocio ambulante que percorrerá a cidade vendendo ingredientes españois. Entre os seus pratos transporta o "bocadillo máis caro da cidade", custa un 20 dólares (uns 15 euros). “Un bocadillo de lombo ibérico Fermín que é unha gozada”, dixo riseira José Andrés.

Pero ademais no menú, están presentes o queixo manchego, o jamón ibérico e os pimientos de piquillo. “Unha forma marabillosa de poñer unha pica en Flandes e así chegar á xente que non entra no meu restaurante”, asegura o cocinero español.

Con esta iniciativa, José Andrés quere aprender como é este tipo de mercado e saber que quere a xente nova, “Ao final de contas van ser os meus clientes de aquí a uns cinco ou dez anos”, argumenta.

Os transeúntes poden degustar desde unha hamburguesa de butifarra, pasando polo típico pepito de tenreira ata un bocadillo bautizado Fútbol Club Barcelona
O camión circulará polas rúas de Washington a partir de mañá e poderá ser localizado por Twitter e Facebook. En principio comezará con tan só un servizo, aínda que José Andrés non rexeita que se expanda o negocio. “É o primeiro camión de varios. Hai que entender que este negocio é moi diferente ao meu. É dar para comer, pero dar para comer dun xeito diferente”, sostén o cocinero.

O menú consta de oito pratos. Os transeúntes poden degustar desde unha hamburguesa de butifarra, pasando polo típico pepito de tenreira ata un bocadillo bautizado Fútbol Club Barcelona -José Andrés é un gran seguidor do equipo azulgrana- no que o bacon, a lechuga, o pollo e o tomate son os protagonistas. Ademais en PEPE hai sangría non alcohólica a disposición de quen queira probala.

Os prezos van dos 8 aos 14 dólares (de 6 a 10 euros) aínda que poden chegar aos 20 dólares (15 euros). “Non é barato, pero ao final na túa vida es ti quen decide o que quere meterse ao corpo. Vou vender, ademais, unhas patacas fritas bravas que me está deseñando o meu amigo Miguel Urmeneta de Kukumutxu, que son a guinda do pastel”, di con orgullo o cocinero.

O servizo funcionará, a partir de mañá, polo mediodía e a noite. “Aínda que PEPE permíteche ser moi móbil e responder. De súpeto xorde unha manifestación ou un partido de fútbol e podes responder de inmediato”, asegura José Andrés.

Este sistema de negocio leva xa moitos anos implantado en EE UU. Os máis comúns son os carritos de xeados ou de perritos quentes, moi habituais nas rúas de calquera pobo ou cidade norteamericana.

Normalmente, a xente que quere comezar un negocio faio deste xeito con fondos familiares, narra o cocinero español. “É un negocio barato, realmente é comprar un camión e transformalo por dentro”, engade.

O único problema, segundo explica José Andrés, é que este tipo de chiringuitos carecen dunha regulación federal. Fai poucos meses conseguiuse na capital estadounidense unha lei que permite que camións que venden alimentos poidan aparcar e circular sen ter a presión constante da policía. “Unha preocupación menos”, esgrime.

Este cocinero asturiano de Mieres leva máis de dúas décadas impulsando a comida española en Estados Unidos. É dono de 14 restaurantes repartidos por toda a xeografía do país, dos que sete se atopan en Washington. “Este camión é un intento conseguido de transformar o típico camión de xeados nunha versión 2.0. Máis avanzada, máis innovadora”

No hay comentarios:

Publicar un comentario